Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente de desafiuzamento por non ocupación, derivado de regularización (expediente 46/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo sinalados no anexo, a resolución de pleno dereito do contrato da vivenda que lle foi adxudicada, por non destinala a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de febreiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 46/2001.

Expedientado: Juan Fernández Souto e herdeiros.

Último domicilio: polígono de Elviña, II fase, bloque 2, P-6, baixo D (A Coruña).

Expediente: C-3-CD/70, conta 102.