Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/356).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. porto-pza. Pontevedra.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterráneas a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parten da nova subestación denominada Baterías e enlazan coas L.M.T.S. existentes na zona.

L.M.T.S. 1 de 380 m que parte da subestación Baterías e enlaza coa L.M.T.S. ós CC.TT. Linares Rivas 1 e praza de Lugo 2.

L.M.T.S. 2 de 365 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. San Cristovo-Damas en dirección ó C.T. Banco del Noroeste.

L.M.T.S. 3 e 4 de 410 m cada unha, que parten da subestación de Baterías e enlazan coa L.M.T.S. Linares Rivas-Mantelería.

L.M.T.S. 5 e 6 de 365 m cada unha, que parten da subestación de Baterías e enlazan coa L.M.T.S. Linares Rivas-Banco Exterior e M. Pelayo-Linares Rivas.

L.M.T.S. 7 de 650 m que parte da subestación de Baterías e enlaza co C.T. pza. de Galicia 2.

L.M.T.S. 8 de 40 m de adecuación da L.M.T.S. O Ventorrillo-Damas ó C.T. plaza de Galicia 1.

L.M.T.S. 9 de 360 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. Villa de Negreira-Linares Rivas.

L.M.T.S. 10 de 480 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. ó C.T. Primo de Rivera no C.T. Linares Rivas. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña