Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Municipal, do 5 de marzo de 2002, acordouse proceder á contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiso, mediante concurso de consultoría e asistencia técnica con procedemento aberto, expoñendo ó público durante o prazo de 8 días os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán para a contratación do citado plan de ordenación municipal; simultaneamente anúnciase o concurso, que se aprazará no suposto

de que se presenten reclamacións contra os pregos de cláusulas administrativas e técnicas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Santiso.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 56.651,80 euros.

5. Financiamento:

-Subvención da Xunta de Galicia por importe de 39.656,26 euros, que se distribuirá nas seguintes anualidades:

-Ano 2002: 12.725,16 euros.

-Ano 2003: 11.698,60 euros.

-Ano 2004: 15.232,50 euros.

Achega municipal: 16.995,54 euros.

6. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento da licitación.

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Documentación e información:

No Concello de Santiso, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación de solicitudes.

8. Pregos de cláusulas administrativas:

Formarán parte do contrato e da licitación o prego de cláusulas económico-administrativas, o prego de prescricións técnicas, o anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares e as condicións particulares da resolución da concesión de subvención ó concello, todas elas aprobadas polo Pleno Municipal o día 5 de marzo de 2002.

9. Presentación das ofertas:

O prazo de presentación de ofertas será de oito (8) días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia; deben presentarse en tres sobres A, B e C, coa documentación esixida nas bases da convocatoria, e presentaranse na secretaría do concello ata as 13 horas do último día do prazo.

10. Apertura das ofertas:

No Concello de Santiso, ás trece (13) horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Santiso, 7 de marzo de 2002.

Ramón Villar Edreira

Alcalde