Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, na sesión do día 28 de febreiro de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no solo urbanizable industrial de Matela, promovido por Xestur Lugo.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que considere procedente.

Outeiro de Rei, 15 de marzo de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde