Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión interposto no expediente sancionador de pesca fluvial CO-2000/115.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Procedemento sancionador: pesca fluvial (Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia).

Número de expediente: CO-2000/115.

Interesado: Fermín Freijido Seoane.

Contido da resolución do recurso: inadmitido.

Último enderezo coñecido: urbanización Porto-Avieira M2-nº 42, A Gándara-Oroso (A Coruña).