En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecio polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración de ordenadores e impresoras para a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores e impresoras para a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) División por lotes e número: único.
c) Lugar de entrega: o que indique a Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
d) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
Este expediente de contratación tramítase como expediente anticipado de gasto, e a súa adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 144.243 A, IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: o 2% do orzamento de licitación (2.884,86 A).
Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfonos: 981 54 45 17-981 54 47 61.
e) Fax: 981 54 46 96.
f) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion
g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terá lugar o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais