Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6022.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Outokumpu Mining Oy, con domicilio en Agustín de Foxá, 25-6º B, 28036 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 31 de xullo de 2001 instancia-solicitude do permiso de investigación Baltar de 153 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Pol, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 6022 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

1-7º 22' 00''43º 18' 00''

VérticesLonxitudeLatitude

2-7º 20' 00''43º 18' 00''

3-7º 20' 00''43º 17' 00''

4-7º 19' 00''43º 17' 00''

5-7º 19' 00''43º 12' 00''

6-7º 22' 00''43º 12' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público a fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 8 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo