Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, tramitación anticipada e trámite de urxencia, da obra de clave PO/01/81.6.

a) Obra:

1. Mellora da seguridade vial na PO-331 p.q. 7+370/9+210 O Porriño-Gondomar, Vigo.

Clave: PO/01/81.6.

Orzamento: trescentos setenta e oito mil cincocentos noventa euros con sesenta céntimos (378.590,60 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e

horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información: 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2. Teléfono: 981 58 89 38.

c) Garantías que lles esixen ós licitadores:

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición ecoinómica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002.

P.D. (Orde do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda