Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 25 de marzo de 2002 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada polo persoal da Compañía da Radio Televisión de Galicia e das súas sociedades, para os días 28 e 29 de marzo de 2002.

De acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o exercicio do dereito de folga do persoal que exerce a súa actividade en entidades públicas encargadas da prestación de calquera tipo de servicio público enténdese condicionado a que se manteñan os servicios esenciais definidos no artigo 2 do mesmo decreto.

O artigo 3 do devandito decreto faculta o conselleiro competente por razón do servicio esencial afectado para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determine o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tal servicio, así como para fixa-lo persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

O comité interempresas da Compañía da Radio Televisión de Galicia e as súas sociedades (RTG e TVG), en escrito do 7 de febreiro de 2002, comunica a convocatoria de folga xeral que afectará a todo o persoal que presta os seus servicios para a empresa CRTVG e as súas sociedades durante as xornadas dos días 28 e 29 de marzo de 2002, comezando ás 0 horas e rematando ás 24 horas.

Na necesaria conciliación entre o dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais, a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, optou pola fixación duns mínimos indispensables para o funcionamento dos ditos servicios esenciais, que se concretan nos recollidos nos anexos que se xuntan a esta orde e polas razóns que a seguir se indican:

a) Compañía.

Servicio de informática: garante o mantemento e maila emerxencia de toda a rede informática que atende os servicios informativos e xerais.

b) TVG, S.A.

Producción: garante os equipos mínimos indispensables para a producción dos programas informativos.

Continuidade-control central: constitúe o equipo mínimo necesario para garanti-la continuidade na emisión e a realización dos programas informativos.

Informativos: inclúese o persoal mínimo necesario para os programas informativos.

Servicios xerais: os ordenanzas considéranse imprescindibles para atende-la mínima relación da sociedade co exterior.

c) RTG, S.A.

Programación-emisións: garante a emisión dos programas de continuidade e os informativos, así como as gravacións e os rexistros de emerxencia.

Servicio técnico: garante os servicios mínimos do persoal de mantemento e as posibles emerxencias das instalacións e dos servicios técnicos.

Informativos: inclúese o persoal mínimo necesario para garanti-los servicios informativos.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do director da Compañía da Radio Televisión de Galicia e oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada con carácter xeral durante as xornadas do 28 e 29 de marzo de 2002, que comezará ás 0 horas e rematará ás 24 horas, no ámbito da actividade do persoal da CRTVG e das súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A., será o establecido nos anexos que se xuntan a esta orde.

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios a que se refire o artigo anterior será destinado polo director da CRTVG.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ó persoal laboral.

Artigo 4º

O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Servicios mínimos durante o día 28 de marzo

* Compañía da Radio Televisión de Galicia.

Servicio de informática: 1 analista de sistemas, das 10 ás 22 horas (localizable).

* Televisión de Galicia, S.A.

Servicios xerais:

-1 oficial técnico electricista, das 8 ás 24 horas.

-1 ordenanza, das 8 ás 20 horas.

Departamento de informativos:

-4 redactores, das 8 ás 15 horas.

-1 redactor, das 11 ás 15 horas e das 17 ás 20 horas.

-4 redactores, das 15 ás 22 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 8 ás 15 horas.

-2 auxiliares de redación, das 9 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 11 ás 15 horas e das 17 ás 20 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 14 ás 21 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 15 ás 22 horas.

-5 reporteiros gráficos, das 8 ás 15 horas.

-2 reporteiros gráficos, das 15 ás 22 horas.

-1 reporteiro gráfico, das 17 ás 24 horas.

-1 auxiliar de informativos, das 9 ás 16 horas.

-1 auxiliar de informativos, das 16.30 ás 23.30 horas.

-1 productor, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 axudante de producción, das 8 ás 15 horas.

-1 axudante de producción, das 17 ás 24 horas.

Departamento de deportes:

-1 auxiliar de redacción, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 17 ás 24 horas.

Servicio edición-realización:

-1 realizador, das 9 ás 16 horas.

-1 realizador, das 11 ás 18 horas.

-1 realizador, das 18 ás 1 horas.

-1 axudante de realización, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 axudante de realización, das 9 ás 16 horas.

-1 axudante de realización, das 10 ás 17 horas.

-1 axudante de realización, das 15.30 ás 22.30 horas.

-1 axudante de realización, das 18 ás 1 horas.

-5 operadores-montadores de vídeo, das 8 ás 15 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 10 ás 17 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 15 ás 22 horas.

-3 operadores-montadores de vídeo, das 17 ás 24 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 18 ás 1 horas.

-1 grafista titulador, das 9 ás 16 horas.

-1 grafista titulador, das 17 ás 24 horas.

-1 operador de posproducción, das 8 ás 15 horas.

-1 operador de posproducción, das 17.30 ás 24.30 horas.

-1 deseñador gráfico, das 8 ás 15 horas.

-1 deseñador gráfico, das 16 ás 23 horas.

Continuidade:

-1 operador-montador de vídeo, das 0 ás 7 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 0.30 ás 7.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 7 ás 14 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 7.30 ás 14.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 10 ás 17 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 14.30 ás 21.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 17 ás 24 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 17.30 ás 24.30 horas.

-1 técnico de control central, das 9 ás 16 horas.

-1 técnico de control central, das 16 ás 24 horas.

Departamento de producción:

-2 cámaras, das 8 ás 15 horas.

-1 cámara, das 10 ás 17 horas.

-2 cámaras, das 15 ás 22 horas.

-1 cámara, das 17 ás 24 horas.

-1 operador de son, das 8 ás 15 horas.

-1 operador de son, das 10 ás 17 horas.

-1 operador de son, das 17 ás 24 horas.

-1 maquillador, das 8 ás 15 horas.

-1 maquillador, das 15 ás 22 horas.

-1 control de cámara, das 8 ás 15 horas.

-1 control de cámara, das 15 ás 24 horas.

-1 iluminador/a, das 8 ás 15 horas.

-1 iluminador/a, das 15 ás 24 horas.

-1 técnico electrónico, das 0 ás 9 horas.

-1 técnico electrónico, das 8 ás 16 horas.

-1 técnico electrónico, das 10 ás 18 horas.

-1 técnico electrónico, das 16 ás 24 horas.

-1 almacenista, das 8 ás 15.30 horas.

-1 almacenista, das 15.30 ás 23 horas.

Servicio de retransmisións:

-1 auxiliar administrativo, das 9 ás 16 horas.

-1 axudante de producción, das 15 ás 22 horas.

Servicio de documentación:

-2 documentalistas, das 8 ás 15 horas.

* Radio-Televisión de Galicia, S.A.

Servicio de deportes:

-1 locutor, das 8 ás 15 horas.

-1 locutor, das 17 ás 24 horas.

Servicio técnico:

-1 técnico electrónico, das 0 ás 24 horas (localizable).

Servicio de emisións:

-1 técnico de control, das 0 ás 7 horas.

-1 técnico de control, das 6.30 ás 13.30 horas.

-1 técnico de control, das 8 ás 15 horas.

-1 técnico de control, das 13 ás 20 horas.

-2 operadores de control, das 17 ás 24 horas.

Servicios informativos:

-1 redactor, das 0 ás 1 horas.

-4 redactores, das 8 ás 15 horas.

-3 redactores, das 15 ás 22 horas.

-1 redactor, das 19 ás 1 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 1 ás 8 horas.

Servicio de programas:

-1 locutor, das 0 ás 7 horas.

-1 locutor, das 8 ás 15 horas.

-1 locutor, das 13 ás 20 horas.

ANEXO II

Servicios mínimos durante o día 29 de marzo

* Compañía da Radio Televisión de Galicia

Servicio de informática: 1 analista de sistemas, das 10 ás 22 horas (localizable).

* Televisión de Galicia, S.A.

Servicios xerais:

-1 oficial técnico electricista, das 8 ás 15 horas.

-1 oficial técnico electricista, das 15 ás 22 horas.

-1 oficial técnico electricista, das 20 ás 24 horas.

-1 ordenanza, das 8 ás 15 horas.

-1 ordenanza, das 15 ás 22 horas.

Departamento de informativos:

-3 redactores, das 8 ás 15 horas.

-1 redactor, das 11 ás 15 horas e das 17 ás 20 horas.

-1 redactor, das 11 ás 15 horas.

-1 redactor, das 15 ás 22 horas.

-1 redactor, das 16 ás 23 horas.

-1 redactor, das 17 ás 24 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 8 ás 15 horas.

-1 auxiliar de redación, das 9 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 11 ás 15 horas e das 17 ás 20 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 14 ás 21 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 17 ás 24 horas.

-1 locutor, das 8 ás 15 horas.

-4 reporteiros gráficos, das 8 ás 15 horas.

-3 reporteiros gráficos, das 15 ás 22 horas.

-1 reporteiro gráfico, das 17 ás 24 horas.

-1 auxiliar de informativos, das 9 ás 16 horas.

-1 auxiliar de informativos, das 16.30 ás 23.30 horas.

-1 productor, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 productor, das 17 ás 24 horas.

-1 axudante de producción, das 8 ás 15 horas.

-2 axudantes de producción, das 17 ás 24 horas.

Departamento de deportes:

-1 auxiliar de redacción, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 17 ás 24 horas.

Servicio edición-realización:

-1 realizador, das 9 ás 16 horas.

-1 realizador, das 11 ás 18 horas.

-1 realizador, das 18 ás 1 horas.

-1 axudante de realización, das 8.30 ás 15.30 horas.

-1 axudante de realización, das 9 ás 16 horas.

-1 axudante de realización, das 10 ás 17 horas.

-1 axudante de realización, das 15.30 ás 22.30 horas.

-1 axudante de realización, das 18 ás 1 horas.

-5 operadores-montadores de vídeo, das 8 ás 15 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 10 ás 17 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 15 ás 22 horas.

-3 operadores-montadores de vídeo, das 17 ás 24 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 18 ás 1 horas.

-1 grafista titulador, das 9 ás 16 horas.

-1 grafista titulador, das 17 ás 24 horas.

-1 operador de posproducción, das 8 ás 15 horas.

-1 operador de posproducción, das 17.30 ás 24.30 horas.

-1 deseñador gráfico, das 8 ás 15 horas.

-1 deseñador gráfico, das 16 ás 23 horas.

Continuidade:

-1 operador-montador de vídeo, das 0 ás 7 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 0.30 ás 7.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 7 ás 14 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 7.30 ás 14.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 10 ás 17 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 14.30 ás 21.30 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 17 ás 24 horas.

-1 operador-montador de vídeo, das 17.30 ás 24.30 horas.

-1 técnico de control central, das 9 ás 16 horas.

-1 técnico de control central, das 16 ás 24 horas.

Departamento de producción:

-2 cámaras, das 8 ás 15 horas.

-1 cámara, das 10 ás 17 horas.

-2 cámaras, das 15 ás 22 horas.

-1 cámara, das 17 ás 24 horas.

-1 operador de son, das 8 ás 15 horas.

-1 operador de son, das 10 ás 17 horas.

-1 operador de son, das 17 ás 24 horas.

-1 maquillador, das 8 ás 15 horas.

-1 maquillador, das 15 ás 22 horas.

-1 control de cámara, das 8 ás 15 horas.

-1 control de cámara, das 15 ás 24 horas.

-1 iluminador/a, das 8 ás 15 horas.

-1 iluminador/a, das 15 ás 24 horas.

-1 técnico electrónico, das 0 ás 9 horas.

-1 técnico electrónico, das 8 ás 16 horas.

-1 técnico electrónico, das 10 ás 18 horas.

-1 técnico electrónico, das 16 ás 24 horas.

-1 almacenista, das 8 ás 15.30 horas.

-1 almacenista, das 15.30 ás 23 horas.

Servicio de retransmisións:

-1 auxiliar administrativo, das 9 ás 16 horas.

-1 axudante de producción, das 15 ás 22 horas.

Servicio de documentación:

-2 documentalistas, das 8 ás 15 horas.

* Radio-Televisión de Galicia, S.A.

Servicio de deportes:

-1 locutor, das 8 ás 15 horas.

-1 locutor, das 17 ás 24 horas.

Servicio técnico:

-1 técnico electrónico, das 0 ás 24 horas (localizable).

Servicio de emisións:

-1 técnico de control, das 0 ás 7 horas.

-1 técnico de control, das 6.30 ás 13.30 horas.

-1 técnico de control, das 8 ás 15 horas.

-1 técnico de control, das 13 ás 20 horas.

-2 operadores de control, das 17 ás 24 horas.

Servicios informativos:

-1 redactor, das 0 ás 1 horas.

-4 redactores, das 8 ás 15 horas.

-3 redactores, das 15 ás 22 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 1 ás 8 horas.

-1 auxiliar de redacción, das 22 ás 24 horas.

Servicio de programas:

-1 locutor, das 8 ás 15 horas.

-1 locutor, das 13 ás 20 horas.