Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 86/2002, do 7 de marzo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Mondoñedo do inmoble situado na rúa Julia Pardo Montenegro, 13, termo municipal de Mondoñedo (Lugo), para a construcción da sede da cabeceira da comarca da Mariña central.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Mondoñedo, reunido en sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2001, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia o inmoble situado na rúa Julia Pardo Montenegro, 13, para a construcción da sede da cabeceira da comarca da Mariña central.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación da cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, pola que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Mondoñedo acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión feita polo Concello de Mondoñedo, a título gratuíto, do inmoble situado na rúa Julia Pardo Montenegro, 13, de Mondoñedo (Lugo), coñecida como Casa Cuartel composta de planta baixa, dous pisos altos e faiado, que mide aproximadamente uns vinte metros corenta centímetros de fronte por uns doce metros cincuenta centímetros de fondo, cunha horta ó fondo, amurallada, duns dous ferrados e vintedous cuartillos, ou dezaseis áreas e oitenta e cinco centiáreas. Todo forma un conxunto que linda ó fronte, coa citada rúa Julia Pardo; ó fondo, co predio de Ramón Cabanelea e outros; á dereita, entrando, coa casa dos herdeiros de Aladino González; e á esquerda, coa horta de Ramón Otero Otero e fillos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 689, libro 122, folio 220, predio nº 22.037.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción da sede da cabeceira da comarca da Mariña central.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comuidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda