Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.924

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A. fan solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Obxecto: contratación, non exclusiva, de servicios de asistencia e xestión de viaxes e outros cunha axencia de viaxes (expediente 20304C).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en días e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no servicio de compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitadas no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo