Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Troáns, sector I (Cuntis-Pontevedra).

A Delegación Provincial de Pontevedra procede á publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Troáns, sector I (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente

execución polo Decreto 302/1995, do 16 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 28 de novembro), e Decreto 249/1998, do 10 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 184, do 22 de setembro), para coñecemento dos afectados que resultaron descoñecidos, dos que se ignora o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puido efectuar. A xunta local da zona, na súa reunión do 12 de febreiro de 2002, aprobou as bases definitivas de concentración. As mencionadas bases estarán expostas ó público no local da Casa do Concello de Cuntis e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes, que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación dos propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os afectados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dentro dos trinta días sinalados. Os recursos pódense presentar no rexistro da Delegación Provincial de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural -sita na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que se lle face-las notificacións.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra