Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/428-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. edificio Kiwi, r/ Foxo nº 5.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 78 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente denominado garaxe ata o C.T. que se proxecta no edificio Kiwi, na rúa Foxo nº 5, no concello de Tui, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea de 56 m de lonxitude con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra