Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/16-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Rodrigo de Mendoza nº 26.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 7 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. entre os CC.TT. Rodrigo de Mendoza e Fariña Ferreño, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Rodrígo de Mendoza nº 26, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra