Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de máquinas ferramentas e outros con destino á Sección de Ensino Medio do Colexio Calvo Sotelo: departamentos de Mecánica, Artes Gráficas, Madeira e Electricidade. (Expediente 02/1075 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de máquinas ferramentas e outros con destino á Sección de Ensino Medio do Colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 77.171,15 A, desagregado en 8 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n-5º, 15003 A Coruña. Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña