Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/150-2, 5727 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Galegos, Pereiro.

Situación: Pantón.

Características técnicas: L.B.T. aérea con lonxitude de 1,62 km con orixe no C.T.C. existente de Camiño Grande conductor tipo R.Z. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,75 km con orixe no C.T.C. existente de Toiriz conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 28 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo