Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.852

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002 pola que se modifica a composición da comisión encargada de valora-lo concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo do persoal de administración e servicios, convocado por Resolución do 7 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 11 de xaneiro).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo do persoal de administración e servicios, convocado por Resolución do 7 de xaneiro de 2002 (DOG do 11 de xaneiro) e concorrendo nalgún dos membros da comisión de valoración as causas de abstención previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Este rectorado, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), resolve modifica-la composición da citada comisión de valora

ción, que se integrará polos membros que a continuación se indican:

-Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais:

Víctor M. Cabrera Sánchez, xerente da Universidade da Coruña.

Marta García Pérez, secretaria xeral da Universidade da Coruña.

José Vicente Echevarría González, vicexerente de Recursos Humanos.

Teresa González Martínez, representante da Xunta de Persoal.

José Antonio Rilo López, representante da Xunta de Persoal.

Secretario: Juan Andrés Pombo Prieto, xefe da Sección de Tesourería e Caixa.

-Suplentes:

Presidente: Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Ordenación Académica.

Vocais:

Jesús Fernández Jiménez, vicexerente de Control Interno.

José Luis Mínguez-Goyanes de la Rica, vicesecretario xeral.

Juan Ramón Rego Álvarez de Mon, vicexerente de Asuntos Económicos.

Mª José Gutiérrez Calvete, representante da Xunta de Persoal.

Tomás Lagunas Montero, representante da Xunta de Persoal.

Secretario: Alfonso Vidal Carnota, xefe da Sección de Estudiantes.

A Coruña, 20 de febreiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña