Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.828

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO I DO SUP 5 DA CHOUPANA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 3 de abril de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono I do SUP 5 da Choupana.

De conformidade co previsto no artigo 9 do R.D. 1093/1997, tendo xustificado a entidade Cooperativa Vivenda Local Galega mellor dereito sobre as parcelas 16, 43, 53, 58, 111 e 129 do polígono I do SUP 5 da Choupana, e habendo titularidades rexistrais contradictorias sobre as referidas parcelas, publícase o presente anuncio para que lles sirva de citación ós seguintes titulares rexistrais dos cales se descoñece o domicilio e non resulta do asento:

Parcelas 16, 43 e 53 do polígono I, SUP 5 da Choupana.

Titular rexistral: Ramón Argibay Fernández.

Parcela 58 do polígono I do SUP 5 da Choupana.

Titular rexistral: Ramón Fernández Vázquez.

Parcelas 111 e 129 do polígono I do SUP 5 da Choupana.

Titular rexistral: Concepción Pena Pereiras.

Eduardo Ramonde Rodríguez

Presidente

Delfa Losa García

Secretaria