Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia unha contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria. (Expediente C.P. 14/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca o seguinte concurso:

Expediente 14/2002.

1. Obxecto: subministración sucesiva de tubos, cánulas e máscaras.

2. Orzamento: 126.461 A, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (RDL 2/2000, do 16 de xuño, BOE 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (RDL 2/2000, do 16 de xuño, BOE 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rua Pizarro, 22 36204 Vigo, desde as 9 ata as 14 horas, de luns a venres. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 29, ou a través da páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 15 de febreiro de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo