Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a túnel As Nogais-Pedrafita.
Situación: As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,783 m de lonxitude con orixe no P-14 da L.M.T. existente a C.T. Cebreiro conductor tipo LA-56 e final no P-48 da L.M.T: existente a C.T. Pedrafita.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente seu dereito.
Lugo, 21 de xaneiro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo