Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número U-2001/0123, interposto contra a resolución do director xeral de Urbanismo do 6 de setembro de 2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en travesía de Arteixo, nº 254, portal 3, 3º esquerda, Arteixo, A Coruña, a resolución do recurso de alzada nº U-2001/0123, interposto por César Conde Estévez, contra a resolución do director xeral de Urbanismo, na que se acorda impoñer ó interesado unha multa coercitiva como consecuencia do incumprimento da Resolución do 5 de decembro de 2000, da que a parte dispositiva di:

«Resolvo desestima-lo recurso de alzada (exp. número U-2001/0123 promovido por César Conde Estévez, contra a resolución dictada o 6 de setembro de 2001 polo director xeral de Urbanismo, na que se acorda impoñer ó interesado unha multa coercitiva de 1.502,53 A (250.000 pesetas) como consecuencia do incumprimento da resolución do 5 de decembro de 2000 na que se declaraban ilegalizables e se ordenaba a demolición das obras de cerramento perimetral dunha leira a base de muro de formigón e tea metálica, así como da instalación de dúas casetas no interior e a explanación dos terreos en socalcos con muretes de bloque para contención e soleiras de formigón, no lugar de Portiño de Suevos, Concello de Arteixo; resolución que se confirma.».

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

A sanción deberá facerse efectiva en período voluntario, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións en materia urba-

nística número de conta 2091.0388.91.3110001261 (Xunta de Galicia, multas e sancións, Caixa de Aforros de Galicia, rúa Nova, 33, baixo, Santiago de Compostela), no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, procederase sen máis trámite á súa exacción pola vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda