Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/56-2, 5112 A.T.)

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Saénz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., no campo da feira.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Sarria-1 e remate no apoio número 4 ó C.T. do campo da feira de 310 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-110.

L.M.T. subt. con orixe no apoio número 4 da L.M.T. aérea ó C.T. do campo da feira e remate no C.T. proxectado do campo da feira de 310 m de lonxitude a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. C.T. prefabricado de interior do campo da feira de 400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do campo da feira de 325 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. Subt. do campo da feira de 40 m de lonxitude a 380/220 V baixo tubo en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo