Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio de impacto ambiental das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 01/09).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental das instalacións eléctricas que se citan.

Solicitante: Somozas Energías Renovables, S.A.

Domicilio social: Lugar Igrexa, 1,15565 As Somozas (A Coruña).

Denominación: parque eólico do Requeixo.

Concellos afectados: As Somozas (A Coruña).

Pontecia que se instalará: 10,5 MW.

Características técnicas:

-7 aeroxeradores de 1.500 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 60 m de altura estándar e rotores de 3 pas de 74 m de diámetro.

-7 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.500 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.Z.1 15/25 kV de 1x500 mm Al y 1x300 mm Al para interconexión do aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de potencia nominal 12 MVA e relación de transformación 20/132 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico do Requeixo poderase examinar no Concello das Somozas e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña e poden presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 5 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña