Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para arrendamento da xestión de servicio.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

Denominación: xestión indirecta do servicio público da lonxa de Aguiño, a través da figura de arrendamento.

Duración: vintecinco (25) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: ordinaria.

4. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

5. Presentación de ofertas:

Prazo: quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña, en horario das 9 ás 13 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Documentación: a esixida na cláusula terceira do prego de cláusulas económico-administrativas aprobadas polo Pleno desta Corporación municipal, en sesión do 25-2-2002.

Modelo de proposición: véxase a cláusula terceira, punto 4, do prego de cláusulas.

6. Apertura das ofertas:

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 13 horas. No caso de que coincida en sábado, realizarase o seguinte día hábil.

7. Gastos:

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 8 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Alcalde