Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (15/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 1 de marzo de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do POL H9.08 «Oza de los Ríos» do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndoos de que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir desta notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a Ricardo Figueiras Moreira como presidente, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a adxunta á dirección en xestión, Berta Rosón López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora, e no seu nome a Ricardo Figueiras Moreira, para que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente a liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende a cento sesenta e un con nove (161,9) euros, advertíndoo de que sen a xustificación de ter ingresado a dita cantidade non se lle poderá dar trámite ó proxecto de compensación».

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o T.S.X.G. no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Comunícase así mesmo que lle deberán xuntar á solicitude de adhesión á xunta de compensación os títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírese a estes para que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na r/ Javier Fonte, nº 1, baixo K desta cidade, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

Propietarios non incorporados á comisión xestora:

ParcelaPropietario

5Pedro Morandeira Fernández

7Ramón Carril Conde

9Josefa López Carou

10Francisco García Rodríguez

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo