Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se declara deserto o concurso público, mediante procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación da xestión dos servicios de cafetería das residencias da terceira idade Torrente Ballester e Centro de Educación Especial Santiago Apóstol.

Por Resolución do 15 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 241, do día 14 de decembro de 2001, convócase concurso público, trámite ordinario, procedemento aberto para a contratación dos servicios de referencia.

En cumprimento do disposto nos artigos 88.2º e 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e con base na proposta formulada, pola mesa de contratación reunida o día 2 de xaneiro de 2002,

RESOLVO:

Declarar deserto o concurso público convocado por Resolución do 15 de novembro de 2001, por non presentarse ningunha oferta dos devanditos servicios de cafetería. O que se fai público para coñecemento xeral.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña