Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2002 Páx. 3.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (RI 18838).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Inditex Cogeneración, A.I.E.

Domicilio social: polígono industrial de Sabón.

Denominación: proxecto instalacións nova situación e transformación a gas natural de planta de coxeración.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: modificación da súa planta de coxeración, consistente na substitución de tres grupos moto-xeradores de 900 kW cada un, alimentados con gasóleo, por outros tres de 925 kW cada un, alimentados a gas natural.

Lugar onde se vai establece-la instalación:

Factoría do grupo Inditex, sita no polígono industrial de Sabón.

Orzamento: 149.059 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña