Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Nogueira de Ramuín aprobou o día 22 de febreiro de 2002 e prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de reconstrucción e rehabilitación de infravivenda rural.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

Prezo: 96.189,83 A; 16.004.641 pesetas.

Garantías:

-Provisional: 1.923,80 A; 320.093 pesetas.

-Definitiva: 3.847,60 A; 640.186 pesetas.

Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas, no rexistro do concello, de luns a venres (agás os sábados que será de 9 a 12 horas).

Apertura de ofertas: o primeiro día hábil seguinte ó da apertura e cualificación da documentación xeral; de ser sábado pasará ó seguinte en sesión pública na casa do concello, ás doce horas.

Nogueira de Ramuín, 7 de marzo de 2002.

José Eugenio Galindo González

Alcalde