Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de caza CO-C-0088.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciacion do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 68 da Lei 4/1997, de caza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de proba, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación das persoas desinadas como instructora e secretaria.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó amparo do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, poñerá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-C-0088.

Denunciado: Enrique Lodeiro Fernández.

CIF: 32278789-Z.

Ultimo enderezo coñecido: A Esfarrapa-Veiga, 6 Culleredo (A Coruña).

Feitos denunciados: adestrar cans en día non autorizado (luns), incumprindo as normas establecidas.

Tipificación: Lei 4/1997, de caza de Galicia. Artigo 57.13º en relación co artigo 10 da Orde 20-8-2001.

Cualificación: leve.

Sancion proposta: 60,10 A de multa.