Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas que rexerán a contratación, mediante concurso, dos traballos de redacción do Plan especial de protección de Lourenzá, expóñense ó público polo prazo de oito días naturais, para efectos de exame e reclamacións (que de non presentarse se entenderán definitivamente aprobados).

De conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente a licitación nos diarios oficiais (aínda que se aprazarán no suposto de non se producir reclamacións ós pregos).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lourenzá.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Obxecto: consultoría e asistencia técnica para a redacción do Plan especial de protección de Lourenzá.

b) Prazo de execución: a proposta dos licitadores, que en todo caso deberán cumpri-lo disposto na resolución da Dirección Xeral de Urbanismo polo que se concede a subvención, e que é a do 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: o importe total é de 7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía:

a) Provisional: excluída.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lourenzá.

b) Horario: das 9 ás 14 horas de luns a venres e das 10 ás 13 horas os sábados.

c) Praza Conde Santo, s/n.

d) Localidade: 27760 Lourenzá.

e) Teléfono: 982 12 10 06; fax: 982 12 15 06.

7. Presentación de ofertas:

a) Este anuncio publicarase no BOP e no DOG.

b) Data límite: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de extracto de convocatoria no DOG.

c) Lugar e xeito de presentación: nas oficinas municipais de Lourenzá ou por calquera dos medios establecidos na Lei de procedemento administrativo.

As proposicións constarán de dous sobres coas letras A-B:

Sobre A: oferta económica.

Sobre B: de documentos.

8. Apertura de ofertas:

Dentro dos dez días seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria dos licitadores segundo a cláusula 10ª dos pregos.

9. Criterios de base para a adxudicación: os recollidos na cláusula 11ª dos pregos.

Lourenzá, 3 de decembro de 2001.

Vidal Martínez-Sierra López

Alcalde