Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública unha relación de adxudicacións definitivas.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de moblaxe clínica con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-36/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe clínica.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 17 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns setecentas noventa e oito mil pesetas, IVE incluído (5.798.000 pesetas, IVE incluído). 34.846 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: equipamento de angarellas.

Deserto.

Lote nº 2: carros diversos servicios.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Productos Odan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón cento corenta mil pesetas, IVE incluído (1.140.000 pesetas, IVE incluído). (6.851,54 euros).

Lote nº 3: moblaxe clínica diversos servicios.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón cento noventa e catro mil cincocentas pesetas, IVE incluído (1.194.500 pesetas, IVE incluído). (7.179,09 euros).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos