Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na execución da actividade estatística Prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/3.5.3/03.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da información mensual sobre prezos percibidos, volumes de entrega de leite á industria, prezos pagados polos medios de producción utilizados (sementes, fertilizantes, pensos, ...) e prezos percibidos pola venda de animais.

O obxecto da contratación divídese en dous lotes:

Lote 1: información correspondente ás provincias da Coruña e Ourense

Lote 2: información correspondente ás provincias de Lugo e Pontevedra

3. Prazo de execución: doce meses para cada un dos lotes, seguindo o calendario fixado no punto 2 do prego de prescricións técnicas, comezando a súa execución o 1 de maio de 2002.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

En primeiro lugar adxudicarase o lote 1 e a empresa adxudicataria deste quedará, en caso de presentarse á licitación do lote 2, automaticamente excluída da valoración para a adxudicación deste segundo lote.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: 95.380,62 euros.

b) Lote 2: 104.395,80 euros.

6. Garantía provisional:

a) Lote 1: 1.907,61 euros.

b) Lote 2: 2.087,92 euros.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de Rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela C.P.: 15703. Teléfono 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=974.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10 horas, nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística