Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da certificación da asemblea xeral de afiliados do 30-1-2002, modificadora dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën-SITC.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foi depositada a certificaciòn da asemblea xeral de afiliados de data 30-1-2002, pola que se dá conta da modificación dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën-SITC, que pasa a denominarse Sindicato Independiente de Trabajadores-FSI (SIT-FSI) e, así mesmo, os estatutos, de ámbito circunscrito á provincia de Pontevedra.

Asina a certificación Roberto Férnandez Barros, co visto e prace do secretario xeral do sindicato Juan Cantos Oliva.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra