Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara de utilidade pública a explotación mineira Gándaras, 1297, se aproba o plan de labores e a relación de bens e dereitos necesarios para a ocupación.

Por resolución desta delegación provincial de data 11 de decembro de 2001, por instancia da entidade Sial, S.A. e de conformidade co disposto nos artigos 105 e 107 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e 133 do Regulamento para o réxime da minería e en relación cos artigos 15 e 17 da Lei de expropiación forzosa, acordouse:

Primeiro: constata-la declaración de utilidade pública pola concesión de explotación mineira denominada Gándaras nº 1297 a favor de Sial, S.A., en virtude de resolución de data 10-11-1988.

Segundo: aproba-lo plan de labores previsto para o ano 2001 da concesión de explotación mineira Gándaras nº 1297 sita no Porriño, presentada pola entidade Sial, S.A., o que leva implícita a necesidade de ocupación dos predios que se indican na relación que se xunta, indispensables para o fin da expropiación, prestándolle a aprobación.

Relación de bens

Predio

Superficie

m

Propietario/a

Situación

2182,64José R. Romero ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

3566,89Ernesto González FernándezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

4522,82Antonio González LemosAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

61.323,35Guillermina Represas RomeroAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

71.441,81José R. Romero ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

8211,52Isolina Fernández EstévezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

9409,83Marta González ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

Predio

Superficie

m

Propietario/a

Situación

10281,91Carmen Carrera ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

12860Aurora Gómez BesadaAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

13450Marta González ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

15900Estrella Pérez GonzálezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

16900Milagros Romero ÁlvarezAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

17500Hdos. Marcelino Paramos RomeroAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

18500Héctor Represas RomeroAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

192.850José R. e Milagros Romero Álvarez PorriñoAs Gándaras de Budiño-Orbenlle, O Porriño

Terceiro: abri-lo período de información pública mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), BOP e taboleiro de anuncios do concello onde radican os bens e un diario dos de maior circulación da provincia, durante o prazo de 15 días.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra