Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

GALICIA CALIDADE, S.A.

CONVOCATORIA de proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo de Galicia Calidade, S.A.

Segundo o Real decreto 382/1994, do 15 de decembro, polo que se crea a sociedade Galicia Calidade, e no cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, Galicia Calidade

acorda convocar probas selectivas para o ingreso no seu cadro de persoal laboral fixo de Galicia Calidade, S.A.

1. Obxecto:

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir unha (1) praza, para a sociedade Galicia Calidade, S.A., de auditor/a de sistemas de calidade.

2. Requisitos dos solicitantes:

Poderán participar no proceso de selección aqueles titulados superiores que cumpran os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos mínimos que deberán acreditar:

-Titulación universitaria superior.

2.2. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude do expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Os que desexen formar parte nestas probas selectivas deberán solicita-las bases da convocatoria na sede da sociedade Galicia Calidade, S.A, Área Central, local 33 P-Q 1ª planta, 15707 Santiago de Compostela ou no nº fax: 981 56 42 44. O exame non se realizará antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 de la Lei 10/1996.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Admisión de aspirantes:

Finalizado o prazo de presentación de instancias, o director xerente da sociedade Galicia Calidade publicará no taboleiro de anuncios da sociedade a lista de admitidos e excluídos ó proceso de selección.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable, dirixíndose por escrito ó director xerente e na sede da sociedade.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2002.

Juan Blanco Lino

Director xerente de Galicia Calidade, S.A.