A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde de data 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.
2. Obxecto do contrato: expediente nº 59/2001.
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de zumes para o CHUS.
c) Lotes:
Lote 1: nº de orde 1: zume de 200 cc. (laranxa, piña, pexego).
Nº de orde 2: zume de 1 l. (laranxa, piña, pexego)
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 161, do 21 de agosto de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 16.975,59 euros (2.824.500 pesetas).
5. Adxudicación:
adxudicación
Lote Data Contratista Nacionalidade Importe
Unitario Total
Docampo, S.L. (26,75 ptas.) (2.153.375 ptas.)
Docampo, S.L. (65,27 pts.) (456.890 ptas.)
(2.610.265 pts.)
1.1 12-11-2001 Secundino
Española 0,1607 A
12.942,04 A
1.2 12-11-2001 Secundino
Española 0,3922 A
2.745,96 A
Total 15.688 A
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución,
que pon fin á vía administrativa, podendo ser impugnada na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.
Jordi Riba i Hibernón
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela