Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (483/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 483/2001 por instancia de Eduardo Mosqueira Cancela, contra Italo Petrosino sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 14-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Eduardo Mosqueira Cancela, contra a empresa Italo Petrosino, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 137,11 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Italo Petrosino, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado