Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 1 de marzo de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente.

Convocada, pola Orde do 19 de outubro de 2001 (DOG nº 209, do 29 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública

de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 19 de outubro de 2001 (DOG nº 209, do 29 de outubro).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo convocado pola Orde do 19 de outubro de 2001 (DOG nº 209, do 29 de outubro).

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente