Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 27 de decembro de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a pormenorización dos artigos 115 e 120, redactada polos servicios técnicos municipais.

A modificación ten por obxecto introducir no texto normativo dos citados preceptos determinadas aclaracións ou condicións que supoñen ampliar ou precisa-lo seu contido, co obxecto de clarifica-la súa aplicación.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo,

os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo