Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002 referente á convocatoria para cubrir unha praza de administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal do Concello de Vimianzo. Sistema de selección por promoción interna.

No BOP da Coruña, número 21, con data do 25 de xaneiro de 2002, publicáronse integramente as bases rectoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de funcionario de carreira, coa categoría de administrativo de Administración xeral, polo sistema de promoción interna.

De conformidade co establecido no ordenamento xurídico e nas propias bases da convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O sistema de publicidade dos restantes acordos está previsto nas propias bases rectoras.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Vimianzo, 28 de febreiro de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde