Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario clínico para urxencias con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras, Ourense (SCS-02/2002) (3 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento de mobiliario clínico para urxencias con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras, Ourense (3 lotes).

Orzamento: vintecinco mil trescentos sesenta e dous con setenta e nove euros con IVE incluído (25.362,79 euros, con IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes (euros)

1Mobiliario clínico diversos servicios5.138,66

2Angarellas e sistema mobilización doentes12.080,36

3Carros diversos servicios8.143,77

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratacion. Ou chamar ós teléfonos 981 54 27 68, 981 54 27 66, 981 54 18 48 se queren unha copia do prego.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos