Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2002 Páx. 3.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/6-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., r/ Julia Sarmiento.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 130 m en conductor R.H.Z.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. avda. de Marín e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Jesús Pousa logo de alimenta-lo C.T. proxectado en planta baixa dun edificio na r/ Julia Sarmiento, de 400 kVA R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense