Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.167

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 5 de marzo de 2002 pola que se modifica a do 15 de xaneiro de 2002 reguladora da solicitude única, no ano 2002, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), regula a solicitude única, no dito exercicio, das axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 3.1º da devandita orde establece que o prazo de presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino cabrún, prima especial de vacún, prima ó sacri

ficio e indemnización compensatoria, empezará o día da publicación da orde no DOG, e rematará o día 8 de marzo de 2002.

A orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), APA/463/2002, do 22 de febreiro de 2002 (BOE nº 55, do 5 de marzo), prorroga o prazo de presentación de determinadas solicitudes de axudas, establecidas nos reais decretos 1839/1999, do 10 de decembro, 138/2002 e 139/2002, do 1 de febreiro, e 3482/2000, do 29 de decembro, para a campaña 2002/2003.

De acordo coa norma anterior, de carácter básico, cómpre modifica-lo prazo de presentación das solicitudes previstas na normativa autonómica reguladora desas axudas.

Á súa vez, é necesario modifica-lo seu anexo 10 para incluír ou excluír determinadas zonas suxeitas a un proceso de concentración parcelaria, nas que se admitirán as referencias identificativas correspondentes ós planos de concentración, ó non poder acudir á identificación catrastal.

Na súa virtude, conforme o disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O prazo indicado no artigo 3.1º da orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino cabrún, prima especial de vacún, prima ó sacrificio e indemnización compensatoria, prorrógase ata o 27 de marzo de 2002.

Artigo 2º

Coa finalidade de actualiza-las referencias identificativas correspondentes ós planos de concentración parcelaria, inclúense ou exclúense do anexo 10 da devandita orde, do 15 de xaneiro de 2002, as seguintes zonas de concetración parcelaria.

Inclusións:

Cód.Provincia Cód.Concello Cód.

zona

Nome da zona

de concentración

15 A Coruña78 Santiago de Compost. 7Sabugueira-Carballal

27 Lugo31 Monforte de Lemos 1Val de Lemos-sector I-Bb

27 Lugo38 Ourol 1Miñotos

27 Lugo51 Ribadeo14Piñeira-Vilaselán

Exclusións:

Cód.Provincia Cód.Concello Cód.

zona

Nome da zona

de concentración

32 Ourense5 Baltar1Garabelos-O Bouzo

32 Ourense5 Baltar2Boullosa

36 Pontevedra28 Meis1Paradela

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase o director do Ilgga para dictar cantas instruccións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural