Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobadas pola Comisión de Goberno as bases qeu rexerán na oposición libre para a provisión, en propiedade, de catro prazas de axentes da Policía Local do Concello de Cambados, incluídas na oferta de emprego público de 2001, faise público un extracto delas, publicándose o seu texto íntegro no BOP de Pontevedra.

Obxecto da convocatoria.-A provisión, en propiedade, mediante oposición libre, de catro prazas de axentes da policía local, encadradas no grupo D, nivel 16 e dotadas coas retribucións que figuran no cadro correspondente do orzamento municipal.

Condicións dos aspirantes.-Ser español. Ter cumpridos 18 anos e non supera-los 30. Atoparse en posesión do título de graduado escolar, FP1, ou equivalente. Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas. Ser titular do permiso de conducir das clases A ou A e B máis B.T.P. Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres. Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas. Acredita-la aptitude física mediante a presentación de certificado médico. Non ter antecedentes penais. Todos estes requisitos deberán ser referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias.

Solicitudes e admisión.-As instancias solicitando tomar parte na oposición ás que os aspirantes engadirán fotocopia do DNI e os xustificantes esixidos nas alineas e), g) e h) da base 2 dirixiranse ó alcalde-presidente, durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no DOG. Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de 12,02 A. A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos farase pública no BOP de Pontevedra.

Tribunal cualificador.-O tribunal cualificador estará composto do seguinte xeito: presidente, alcalde ou membro da corporación en quen delegue. Secretario, o da corporación ou funcionario en quen delegue. Vocais, un representante da Xunta de Galicia; un funcionario de carreira e un representante dos sindicatos máis representativos no concello. A composición do tribunal farase pública no BOP.

Probas da oposición.-Con carácter previo ó comezo das probas, realizarase a práctica de control de estatura e demais medidas antropométricas e un exame psicotécnico.

Probas de capacitación física.-Consistirán en: proba de resistencia; proba de velocidade; proba de lanzamento; forza flexora, salto de lonxitude e salto de altura.

Exercicio teórico.-Consistirá en desenvolver por escrito, durante o prazo máximo de dúas horas, dous temas dos incluídos no programa anexo ás bases da convocatoria.

Exercicio práctico.-Consistirá en desenvolver un suposto práctico proposto polo tribunal, durante un prazo máximo de dúas horas.

Curso selectivo de formación.-Para o ingreso definitivo, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo na Academia Galega de Seguridade.

Obtención das bases íntegras.-As bases íntegras, co programa correspondente (ademais da súa publicación no BOP), poderán conseguirse nas oficinas municipais.

Cambados, 4 de febreiro de 2002.

José M. Cores Tourís

Alcalde