Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AVIÓN

ANUNCIO.

Resolución do 1 de febreiro de 2002, do Concello de Avión (Ourense), referente á convocatoria para prover dúas prazas de administrativo de Administración xeral, polo sistema de concurso-oposición e procedemento de promoción interna.

No BOP de Ourense número 26, do 31 de xaneiro, publícanse integramente as bases da convocatoria para cubrir, mediante concurso-oposición, polo procedemento de promoción interna, dúas prazas de administrativo de Administración xeral, dentro do cadro de persoal de funcionarios de carreira do Concello de Avión.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Avión, 1 de febreiro de 2002.

Francisco Gil Zamora

Alcalde