Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 6 de febreiro de 2002 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG nº 34, do 15 de febreiro) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o 26 de febreiro na sala B da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director

xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002, empezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «S».

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública