Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.001

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 59/2002, do 22 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4 e 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese, por cambio de destino, Jaime García García, como membro do Consello Escolar de Galicia en representación da Administración educativa.

Artigo 2º

Nomear a Alberto González Armesto como membro do Consello Escolar de Galicia en representación da Administración educativa.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA