Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.996

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministración.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en formalizar acordos marco de subministración de material sanitario funxible para as súas unidades de Cirurxía Cardíaca e Cardioloxía Intervencionista, sitas no Hospital do Meixoeiro (Vigo).

Subministración de material sanitario funxible específico cardioloxía intervencionista: expediente CI/001/2002.

Subministración de material sanitario funxible en depósito cardioloxía intervencionista: expediente CI/002/2002.

Subministración de material sanitario funxible específico cirurxía cardíaca: expediente CC/001/2002.

Subministración de material sanitario funxible depósito cirurxía cardíaca: expediente CC/002/2002.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto; praza de Europa 5A-6º B, Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos vinte días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, acordo marco de subministración.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono 981 57 76 50.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse a partir das 11 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O anuncio do concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

Julio Villar Barreiro

Director xerente