Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle do cuarteirón delimitado pola rúas Lugo, Dr. Cadaval e López de Neira (expediente 5142/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 28 de decembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a parcela con fronte ás rúas López de Neira e Lugo no cuarteirón número 54 do PEEC, conforme a nova documentación presentada pola entidade Inmobiliaria Durán Gómez, S.A., ante esta Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 24 de maio de 2001, redactada polo arquitecto Gabriel Santos Zas, con visado do COAG do 23 de maio de 2001, que modifica a que foi obxecto de aprobación inicial en sesión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do 19 de outubro de 2002.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo