Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto de L.A.T. 220 kV parque eólico Ameixeiras-parque eólico Cando, nos concellos de Lalín e Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de L.A.T. 220 kV parque eólico Ameixei

ras-parque eólico Cando, nos concellos de Lalín e Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Con data do 15 de xaneiro de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de L.A.T. 220 kV parque eólico Ameixeiras-parque eólico Cando, nos concellos de Lalín e Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

Con data do 16 de outubro de 2001 ten entrada nesta dirección xeral o documento titulado Valoración ambiental dos apoios 17 a 20 da L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Cando. Xuño 2001, no que se propón a variación do trazado da devandita liña, debido á solicitude do concello de Forcarei, segundo indica o promotor. A variación consiste na inserción dun novo apoio, o 18-1 e a relocalización dos apoios 18 e 19.

Avaliada a documentación presentada e contrastada co informe emitido pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ó respecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente revisión da declaración de impacto ambiental as modificacións que a continuación se indican:

Na páxina 4 de 25, no número 1.-Ámbito da declaración, na táboa de coordenadas U.T.M.:

Onde di:

18560065,5064710785,969

19559682,5684710513,465

Substitúese por:

18559.923,284.710.979,49

18-1559.699,244.710.800,41

19559.603,284.710.495,36